Pis amb ascensor a OVIEDO, Campus Norte - San Caetano
A un paso do CAMPUS NORTE e tamén ao ladiño da ZONA VELLA compostelana, dende XUBIAL INMOBILIARIA traémosvos á palestra esta vivenda chea de posibilidades. PRECISA REFORMA. Ubicado fronte ao PARQUE XIXÓN, goza dunha UBICACIÓN PRIVILEXIADA polas VISTAS DEPEXADAS, pola ORIENTACIÓN (Leste/Oeste) e pola LUZ NATURAL que desfruta a vivenda. TODAS AS ESTANCIAS SON EXTERIORES a excepción dos cuartos de baño. Data do ano 1971, estamos a falar de 101 M2 CONSTRUÍDOS distribuídos en salón, conciña con zona de despensa e lavandería, 4 habitacións e 2 baños. En tanto ao GARAXE, correspóndelle unha PARTE ALÍCUOTA do mesmo. Que queremos dicir con isto? Que non corresponde unha praza de garaxe por vivenda. Hai 59 PRAZAS para 68 VIVENDAS, e non soe haber problemas á hora de aparcar. En tanto ao ASCENSOR. No seu día púxose un ascensor que foi pagado por parte dos veciños, non por todos. Se se quixese comezar a facer uso do mesmo, habería que pagar a parte correspondente. Non deixes pasar a oportunidade e concerta unha visita sen compromiso!!
- 4 habs
- 2 baños
- 101 m²
- 2ª planta