Residential in O Canle-Serantes, Laxe
Parcela situada ao pé da estrada AC-433, moi ben comunicada e a moi poucos minutos da núcleo de Laxe (praia). Conta con vistas directas ao mar e cun camiño de servizo pola parte baixa. A normativa permite construír ata tres casas de tipoloxía illada conformada cun corpo principal de andar baixo, andar baixo e baixo cuberta ou de dous andares, de forma rectangular alongada. A este corpo principal poderanse engadir en calquera dos seus catro lados edificacións adxectivas (accesos, garaxes, bodegas,...) constituíndo nese caso volumes complexos. Tamén se podería segregar a propiedade en dúas parcelas (parcela mínima 600m2 – frente mínimo 10m). A edificabilidade permitida é de 0,30m2m2, podéndose ocupar o 30% da superficie edificable, podéndose construír ata 642 metros cadrados. Referencia catastral: 15041A504002FK
- 2700 m²