Single-family semi-detached in Rúa Celso Emilio Ferreiro, Oroso
Véndese fantástico chalet adosado situado na Urbanización Porto Avieira, nun entorno incomparable, a 5 minutos de todos os servizos: centro médico, supermercados, farmacias, colexios, zona comercial, etc. Componse de 4 andares: soto (destinado a garaxe para 3 coches e almacén); planta baixa (con cociña, aseo e amplio salón-comedor con cheminea); planta primeira (con 3 dormitorios e 2 baños); e planta baixo-cuberta (diáfana, con terraza cuberta orientada á piscina/zona axardinada). Conta cunha ampla terraza con barbacoa e xardín privado na zona traseira, con orientación sur, mirando cara á piscina, zona axardinada comunitaria e pista polideportiva. A vivenda está sen estrear e precisa dunha pequena posta ó día, pero está practicamente lista para entrar a vivir.
- 4 rooms
- 3 bath
- 266 m²
- Parking