House or chalet in Boiro
Alugo casa para todo o ano, de dous andares, sen terreo. Fallos de pintura e con defectos por ser unha casa vella. Lavadora, vitrocerámica, frigorífico, microondas, forno, fogón de leña que fai esquina na sala. Bañeira no baño de abaixo e prato no de arriba. Dous cuartos arriba e mais un auxiliar que mete humidade. Posúe un pequeno pío diante da casa con billa, e mais unha pequena pedra ao lado na que poder asar á grella. Tén un tendal na fachada colgado da parede onde se pode colgar bastante roupa. Non quero problemas cos pagamentos; é a única vivenda que teño. Existe a opción de COMPARTIR VIVENDA, e neste caso NON SE PODERÍA FUMAR DENTRO DA CASA; deste xeito baixaría a prezo do alugueiro a 350 ao mes, gastos de luz e auga+lixo e bombona compartidos.
- 2 rooms ·
- 2 bath ·
- 85 m²